mércores, 19 de novembro de 2025

Vemos a Vila con ollos centenarios

Na mañá de onte boa parte do alumnado do noso centro puido, como di o noso titular, ver a vila con outros ollos.
Ollos centenarios cuxa orixe está, loxicamente, na celebración do centenario da fundación do Concello, do que xa vos falamos noutra ocasión.
Por un lado, fixeron unha visita guiada polos lugares de maior interese histórica da vila, partindo desde un ben afastado do noso Centro: o miradoiro do 'Pino Manso'.
Logo visitarían o antigo Concello, a Plazuela, a Praza de Abastos e a actual Casa do Concello, onde a expedición foi recibida pola mesma alcaldesa.

Noutra dinámica tiveron a oportunidade de plasmar cunha ollada artística imaxes da vila sobre bolsas de tecido.
Olla a súa concentración creadora nas súas bolsas... iso que lles queda!

A verdade é que non hai dúbida de que o resultado pagou a pena o esforzo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario