Efectivamente, A Coruña, a cidade na que ninguén está protexido do vento. Pero bueno, nesta ocasión podería ter sido peor.
Non perderon o tempo, non.
Comezando polo Centro Comercial Marineda City (que lle imos facer, os novos tempos son os que son) onde visitaron a exposición BODIES EVOLUTION.
Cadaquén ficou abraiad@ con aquilo que máis lle sorprendeu.
Mesmo puidemos descobrer o home do futuro, ou non, quen sabe?
Un paseo pola contorna da Torre de Hércules nunca está de máis, nin saudar o Señor Océano, que con todas as que lles facemos sempre nos dá unha nova oportunidade.
Malia o que poidan suxerir as fotos non perdemos expedicionari@s por aquelas bandas.
E "si vas a Calatayud, pregunta por la Dolores", post@s na Coruña date un rule por Labañou.
Alí espera o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología), onde algún fanático non puido resistir a tentación de subir ao tren.
E volta a casa (en bus), que para ser un martes... pois xa abonda...

































Ningún comentario:
Publicar un comentario