Falabámoste hai unhas semanas das actividades que o Museo do Pobo Galego ten preparadas para este ano.
Ao seu carón, o CGAC ofrece tamén unha chea de propostas interesantísimas.
Das actuais, na chamada 'Percepción e incerteza' encontrámonos cunha proposta sumamente perturbadora que discute a barreira do verosímil, como nos conta ESTA NOTICIA da web do CGAC.
A mostra componse coas aportacións do artista de Max de Esteban, do prestixiosísimo estudoso da comunicación Joan Fontcuberta e da directora de cinema galego-donostiarra Jaione Camborda, da que onte vos contamos que é unha das galardoadas co premio Cineuropa este ano.
Se queres coñecer o tratamento que lle deu a TVG a esta exposición fai clic na seguinte imaxe:
Podes visitar a exposición `Percepción e incerteza' ata o 8 de febreiro.
E, xa que o Sarela pasa por Compostela, aproveitamos para comentarche que tamén ata o 8 de febreiro podes visitar no CGAC a exposición 'Nicasso', de Carlos Pazos, e (ata o 18 de xaneiro) a mostra 'Territorio', centrada na videocreación hispanoamericana.
Nestes dous vídeos tes información sobre elas:




Ningún comentario:
Publicar un comentario