Aí á beira dereita, un chisco debaixo do Trasno e do Gaio, tes un cadro para realizar consultas no dicionario en liña da RAG.
Iso non é noticia, pero si que a Real Academia Galega incorporou un cento de termos novos ao seu Dicionario.
Entre estes novos termos encontramos voces tradicionais pero tamén creacións recentes e palabras que completan familias léxicas.
Esta ampliación do corpus léxico procura facilitar a resolución de dúbidas de escrita e uso.
A actualización inclúe tamén termos correspondentes a vocabulario científico e xentilicios.
O dicionario, que conta xa con máis de 58.000 entradas, consolídase como un recurso esencial para garantir o uso máis preciso e actualizado posible da lingua galega.
Se queres coñecer máis en profundidade as novas incorporacións podes consultar ESTA NOTICIA da web da RAG.
mércores, 26 de novembro de 2025
Veñan cen máis!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario