luns, 17 de novembro de 2025

Nós tamén creamos

Que pasa, trasn@!
Xa non falta nada para as vacacións!
O mesmo non se che ocorre que facer.
Pois nese caso que saibas que a Xunta de Galicia puxo en marcha unha nova edición do concurso de curtametraxes en galego «Nós tamén creamos».
Este certame está desenvolvido polas Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (a TVG e a Radio Galega, para entendernos).
Trátase dunha iniciativa que busca promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega, favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos ámbitos e formatos e dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lle ofrece á cativada a sección infantil da páxina web da Televisión en Galicia.
Se queres coñecer máis en detalle a convocatoria podes facelo a través DESTA LIGAZÓN á web da Xunta.
Unha cousa máis: a data límite para te inscribires é o 21 de novembro e deberás remitir as túas creacións antes do 30 de abril.
Se tes interese en coñecer algúns traballos gañadores en anteriores edicións, aí vanche algúns:

.

Ningún comentario:

Publicar un comentario