luns, 24 de novembro de 2025

Feliz, feliz... Felices, galeg@s e fortes!!!

Xa está aí o Nadal... (e boa falta que nos fai...)
Contaxiado do espírito destas datas o IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o seu concurso de Felicitacións de Ano Novo.
E faino por décimo sexto ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro, no marco do proxecto 'O galego fainos fortes', que están a desenvolver durante o presente curso.
Calquera rapaza ou rapaz de calquera centro de ensino secundario de Galiza pode participar, como nos contan as bases que podes consultar na web do Centro a través DESTA LIGAZÓN.
Si debes ter en conta xa desde o comezo dúas cousiñas:
- Na postal debe figurar o lema O galego fainos fortes. Feliz 2026!    
- O prazo de admisión de traballos finaliza o 9 de decembro.
Así que bule!!!
Por certo, podes gañar até 100 euros...
A Van Gogh non lle daban tanto...


Ningún comentario:

Publicar un comentario