martes, 25 de novembro de 2025

Pulseiras a voar!!!

Chegou o 25 de novembro e con tristura pero con determinación unímonos á declaración de toda a Humanidade para rexeitar a violencia contra as mulleres.
Grazas ás ideas d@s nos@s compañeir@s de Orientación e Convivencia e á colaboración do alumnado a nosa iniciativa saltou do pulso.
Saltou do pulso pero non marchou del, ollo!
Porque cada un/ha de nós levamos no noso pulso a nosa pulseira, pero elaboramos outra máis para pendurala coas d@s nos@s compañeir@s nun acto de unidade, denuncia e solidariedade.
Á unha e media, aproveitando un deses momentos de sol que o outono de cando en vez nos regala, xuntámonos no patio para ler o manifesto que recollía, tamén, algúns dos lemas que reflectimos nas pulseiras, como por exemplo "O amor non é control", "Non, non estamos provocando", "Rompe o medo" ou "Non cales, actúa".
Despois da actuación de parte do alumnado de Primaria (cantando a súa versión de 'La puerta violeta' de Rozalén) e de gardar un minuto de silencio pensando no pasado e no futuro, volvemos ás aulas.
En todo caso, a vontade de loitar contra a violencia contra as mulleres levámola con nós.


Ningún comentario:

Publicar un comentario