... magostamos, magostades, magostan.
Como?
Que non existe ese verbo???
As linguas evolucionan, señores!!!!
E ademais, non sabe que unha imaxe vale máis que mil palabras?
Así que mire as imaxes, mire, mire a ver si eles magostan...
... e elas tamén, ou non...
Por certo, unha cousa máis: por que non o busca no dicionario?
Magostan, magostan... xa desde a primeira hora da mañá de hoxe.
Outro ano titulamos que a toda castaña lle chega o seu San Martiño e este ano non pode ser máis apropiado!!!
Nesta reportaxe fotográfica podemos ver o proceso de preparación e o resultado, que polo que nos contan as imaxes non decepcionou a ninguén.
Que o vento axudou a avivar as brasas... bueno, pero hai que estar aí!!!
martes, 11 de novembro de 2025
Magosto, magostas, magosta...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


















































Ningún comentario:
Publicar un comentario