A organización de Culturgal avanzou os pratos fortes da súa 18ª edición, que se desenvolverá desde mañá venres e até o domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A Feira das Culturas Galegas, que é o seu nome 'con apelidos', baterá este ano o seu récord de actividade, xa que participarán nel arredor de 750 artistas e outros profesionais do sector.
Prevense un total de 225 citas programadas entre espectáculos, proxeccións, adiantos de proxectos, obradoiros ou mesas redondas.
Se queres completar a información, podes consultala NESTA ENTRADA do Portal da Lingua Galega.
Se cadra prefires consultar a web da Feira: ESTA É A LIGAZÓN.
xoves, 27 de novembro de 2025
Comeza Cultural!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario