luns, 25 de novembro de 2024

25N: DO CORAZÓN AO PULSO

Por fin chegou o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e a rapazada quixo exhibir toda a súa arte e tamén a súa solidariedade en forma de pulseiras.
Seguindo a nosa proposta a través desta bitácora, elaboraron os lemas máis solidarios e comprometidos e os plasmaron, cada un/ha co seu estilo propio, nas pulseiras que serven para denunciar a violencia contra as mulleres e para soñar con que, co traballo de tod@s, chegue o momento no que este día teña que deixar de celebrarse.
"Quero respeto", "A violencia non arranxa nada", "A violencia non é solución", "Non á violencia" ou "Son eu quen decide a miña vida" son algúns dos lemas que puidemos ler nelas.
Nas imaxes que seguen tedes o testemuño dalgunhas das pulseiras máis audaces que elaborou o alumnado de Primaria:

Parte do alumnado de E.S.O. tamén quixo sumarse a esta iniciativa:

Por outra banda, o alumnado de Primaria (seguindo a estela marcada polas súas compañeiras e polos seus compañeiros de Infantil) tamén quixo levar ás paredes a súa mensaxe cun mosaico tan triste como esperanzador...
Non máis vítimas, non máis machismo, non máis violencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario