Sen demasiada marxe para facer plans foi por fin presentado o programa da 38ª edición do Festival de Cinema Internacional Cineuropa, que entre os días 7 e 24 deste mes de novembro se celebra en Santiago de Compostela.
NESTA NOTICIA DE EL CORREO GALLEGO temos máis información sobre o evento, sobre os premios honoríficos que se entregarán nesta edición e sobre as películas máis relevantes que se proxectarán (entre as que se encontra a galardoada coa Concha de Oro do festival de San Sebastián e a estrea mundial de '7.921' -documentario de Juanjo Castro sobre as mortes nas residencias de anciáns de Madrid durante a pandemia do COVID- e da serie de Amazon 'El circo de los muchachos' -cuxo trailer podes ver ao comezo deste post-).
Dentro do programa, que podes descargar a través DESTA LIGAZÓN, encontramos propostas para todas as idades e preferencias, sempre -iso si- cun punto de encontro: o cinema.
mércores, 6 de novembro de 2024
Presentado o programa da 38ª edición de Cineuropa
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario