mércores, 27 de novembro de 2024

DIXIMED: A SAÚDE EXPLICADA EN GALEGO A@S MÁIS CATIV@S

O Primeiro Dicionario de Medicina Ilustrado, creado pola Universitat Pompeu Fabra, conta agora cunha versión en lingua galega grazas á colaboración entre o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e o alumnado do CEIP López Ferreiro da mesma cidade, que gravou as definicións. 
O proxecto Diximed, dispoñible desde onte en formato virtual (e ao que podes acceder a través DESTA LIGAZÓN ou facendo clic na imaxe superior), facilita a comprensión de conceptos médicos para nenas e nenos, a través da combinación de linguaxe accesible, debuxos e gravacións.
Ademais das 363 palabras que recolle, inclúe un atlas sobre o corpo humano que o converten nunha ferramenta educativa única en galego.
Se queres máis información sobre esta nova ferramenta, completamente de balde, podes consultar ESTA NOTICIA de praza.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario