luns, 3 de xuño de 2024

Cen anos sen Kafka

 

Non son Cen anos de soidade, pero son cen anos.
Hai precisamente hoxe ese tempo que morría en Kierling (Austria) Franz Kafka, un dos escritores máis salientables do século XX.
Non era galego, non, pero a utilidade da nosa lingua non é só comunicarnos entre nós ou crear textos usándoa.
Tamén debe valernos para acceder ás obras escritas noutras linguas, como as de Kafka por exemplo.
Por iso hoxe queremos recuperar esta vella entrada de Vieiros que trata precisamente disto.
Hai algunhas obras de Kafka traducidas á lingua galega ('A transformación' ou 'Un médico de aldea', por exemplo); hoxe pode ser un bo día para botarlles unha ollada.
Oxalá sirva este centenario para que pronto haxa máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario