mércores, 19 de xuño de 2024

XV CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA

O Concello de Ourense, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza o XV Certame de Cinema Ouff Escola para potenciar a creatividade audiovisual en galego.
Na seguinte ligazón podes consultar a nova publicada no Portal da Lingua Galega.
Pódense presentar ao Certame todos os centros públicos, concertados e privados, tanto de Galicia como do exterior, que impartan algunha materia en lingua galega. 
A inscrición deberá formalizarse antes do 8 de xullo.       
Se queres consultar as bases do Certame podes facelo NESTA LIGAZÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario