venres, 21 de xuño de 2024

ATA SETEMBRO!!!

Isto se acaba!
Pero para algúns acábase máis que para outros.
O alumnado de 4º de E.S.O., por exemplo, deixa o noso Centro, e parte del despois de 13 anos de escolaridade, ou mesmo máis!
Para celebralo (no bo sentido) o Centro organizou un acto de graduación do que vos traemos testemuño gráfico.
Como podedes ver, e como non podía ser doutro xeito, non faltou a nota musical coordinada por David, o profesor de Música.

O resto do alumnado da E.S.O. non marcha definitivamente, pero si ata setembro.
Para eles Adrián, o profesor de Educación Física, organizou o "Torneo Final de Datchball e Pinfuvote" no Pavillón.
Míraos como se divirten...

O alumnado de Primaria, pola súa parte, tivo a ocasión de asistir a un espectáculo de Acrosport a cargo dos grupos de rapazas de 5º e 6º.

A continuación, o espectáculo do mago Dani García engaiolou a pequen@s e maiores.

E ata aquí chegou o noso programa deste ano.
Esperamos que o verán vos sexa pródigo en diversión e felicidade, que ben as merecedes!
Como cantaba Antônio Carlos Jobim "Tristeza não tem fim, felicidade sim", así que nos vemos en setembro!!!
En todo caso, sexa como for, que nos colla ben merendad@s!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario