martes, 18 de xuño de 2024

OS TROFEOS DO CERTAME INTERCENTROS

Hai un aspecto relativo ao Certame Intercentros que no seu día esquecemos comentar pero que merece ser salientado. 
Ten que ver cos trofeos que foron entregados como parte do premio a@s alumn@s premiad@s.
Estes trofeos foron elaborados polos membros da Asociación de Persoas con Discapacidade dos Vales Ulla-Umia (ASDIVALU).
Grazas a esta iniciativa podemos comprobar a pericia das persoas que forman parte da asociación no desenvolvemento do seu traballo.
Na imaxe superior podemos velos na nosa Biblioteca cos agasallos que prepararon.
Se queres botar unha ollada á súa bitácora poderás facerche unha idea máis completa dos labores que a asociación desenvolve.

Ningún comentario:

Publicar un comentario