mércores, 12 de xuño de 2024

OS SEGREDOS DA CAPTURA DA LAMPREA

O alumnado de Infantil do noso Centro tivo a sorte de que a familia dun deles se achegou ata as súas aulas para falarlles da captura da lamprea, que é, como sabemos, o símbolo gastronómico do noso Concello. 

Ademais de lles contar como se realiza a captura tamén lles aprendeu a coser as redes e a facer algún nó mariñeiro.
Tendo en conta o interesante que foi esperamos que esta visita non fose a última!

Ningún comentario:

Publicar un comentario