luns, 17 de marzo de 2025

Fernando Calvet, Científico Galego de 2025

Fernando Calvet foi o elixido como ‘Científico Galego do Ano’ de 2025 pola Real Academia Galega de Ciencias.
Introdutor da bioquímica moderna en España, modernizou a química orgánica en Galicia e é considerado iniciador da investigación química na USC, na década de 1930.
A Academia salienta o seu "novo xeito de entender a Química na nosa comunidade” e que “colaborou eficazmente no desenvolvemento de Galicia coa súa contribución científica aplicada á industria, sendo un pioneiro neste labor”.
Aínda que o acto central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro no marco do ‘Día da Ciencia en Galicia’, durante todo o ano programaranse diversas actividades para dar a coñecer a súa figura e as súas relevantes contribucións.
Se queres ampliar información sobre esta noticia, deixámosche dúas ligazóns coa:
- NOTICIA NA WEB DE ASOMEGA (ASOCIACIÓN DE MÉDICOS GALEGOS)
- NOTICIA NA WEB DA CRTVG

Ningún comentario:

Publicar un comentario