luns, 31 de marzo de 2025

Explícoche Petiscos

A Universidade de Santiago de Compostela convoca dúas iniciativas dirixidas ao alumnado de secundaria e formación profesional co obxectivo de promover a divulgación científica e matemática en lingua galega.
Por un lado, 
a décimo terceira edición do concurso 'Explícoche Matemáticas 2.0' premia curtas que expliquen contidos matemáticos. O prazo para presentar unha proposta neste concurso está aberto ata o 30 de abril.
Por outra banda, a cuarta edición de 'Petiscos de ciencia' busca espertar vocacións científicas e incentivar a creación de materiais divulgativos. O prazo para presentar unha proposta para este concurso remata o 15 de outubro.
Se queres coñecer máis detalles destes concursos podes consultar ESTA ENTRADA da web do Consello da Cultura Galega.
Tamén podes acceder directamente á web da Universidade para informarte sobre o concurso que che interesa:
- PETISCOS DE CIENCIA
- EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0

Ningún comentario:

Publicar un comentario