Cando faltan menos de dous meses para a celebración do Día
das Letras Galegas aínda damos voltas a unha noticia que saltou hai uns días.
Que conta?
Segundo o Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros de 2024, a lectura en lingua galega practicamente non mellorou con respecto a 2023 e só o 3'8% da poboación de Galicia escóllea como a lingua preferida.
En relación cos audiolibros a situación é aínda peor, xa que só o 2'5% dos adquiridos foron gravados en lingua galega, moi por detrás do español e, tamén, do inglés.
Se queres coñecer máis sobre este asunto podes consultar a noticia de culturagalega.
Para consultares o informe completo fai clic NESTA LIGAZÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario