... est comme ça...
Se o ano pasado foron @s nos@s compañeir@s @s que viaxaron ao país veciño (do norte), este ano son @s que foran os seus anfitrións e as súas anfitrioas @s que nos honran coa súa visita.
Durante esta semana pódese escoitar polas rúas da vila un acento diferente, o d@s nos@s amig@s do Ensemble Scolaire Saint-Joseph à Maringues.
Do mesmo xeito có ano pasado, o noso Centro participa xunto co CPI Alfonso VII de Caldas de Reis nesta interesantísima experiencia que nos lembra (e cada vez é máis valioso e importante subliñalo) que a convivencia pacífica -e mesmo a amizade- entre países veciños non é só posible, senón tamén necesaria.
Como diciamos ao principio, a primavera galega ten estas cousas: do vento e da chuvia brigantin@s á apracible tarde cesureña.
Agora veñen días de sol nos que tod@s, oriúnd@s e foráne@s, poderemos aproveitar para gozar de Galicia como merecemos... e como tamén Galicia merece!

Despois de coñecer A Coruña e pasar por Pontecesures, o percorrido d@s nos@s visitantes continuou por Pontevedra, Combarro, Castrolandín ou Cuntis.
Pero non acabou aí; máis adiante pasaron polo Grove, A Toxa, Arousa, Santiago...
As imaxes dan boa conta de que foron días de sol e diversión... aínda que algún acabou estrañando as nubes...

Ningún comentario:
Publicar un comentario