Hai
uns días dabamos conta NESTA ENTRADA da iniciativa de Galicia Nomeada.
Hoxe é o día de contarche que a Deputación de Pontevedra presentou unha
nova edición de «Os nomes da nosa terra».
Trátase dun proxecto audiovisual que promove a recuperación e difusión dos
topónimos tradicionais da provincia.
A través de testemuños da veciñanza, centros educativos e asociacións
visibilízanse nomes ligados á memoria colectiva e ao territorio.
Esta iniciativa contribúe, xa que logo, á salvagarda do patrimonio inmaterial e
ao fomento da lingua galega desde a raíz local.
Se queres máis pormenores, podes consultar ESTA NOTICIA da
web da Deputación de Pontevedra.
Se tes interés en visualizar os vídeos, fai click NESTA LIGAZÓN ou
na imaxe do inicio.
luns, 9 de xuño de 2025
Os nomes da nosa Terra
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario