luns, 16 de xuño de 2025

Canle de WhatsApp do Trasno

Tolo por conseguir que máis persoas consulten os contidos da bitácora, O Trasno Paroleiro argallou unha canle de WhatsApp.
Desa maneira poderás acceder aos contidos da bitácora desde a coñecida aplicación de mensaxería.
Até que a canle non chegue aos 100 seguidores non aparecerá nas buscas directas desde WhatsApp, así que aquí che deixamos a ligazón á canle para que poidas dar a "Seguir": 
https://whatsapp.com/channel/0029VbAgXDRI7BeA34LIHL2U
É tan simple como iso: facer clic na ligazón ou na imaxe superior e logo dar a "Seguir".
Iso si: terás que facelo desde un dispositivo no que teñas instalada a aplicación de WhatsApp (no caso contrario, vai invitarte a instalala). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario