A plataforma Galicia Nomeada superou o medio millón de topónimos
xeorreferenciados grazas á participación cidadá.
Esta iniciativa permite recuperar nomes tradicionais de leiras, camiños ou
mesmo fontes.
Desde 2019, veciñanza, centros educativos e persoas estudosas achegaron máis de
88.000 microtopónimos.
Neste labor, destaca a implicación de concellos como
Vigo ou Outeiro de Rei.
A aplicación permite engadir información complementaria e continúa a medrar,
con só catro municipios sen colaboración activa.
Se queres coñecer máis información sobre Galicia Nomeada podes consultar esta noticia da web da RAG.
Se queres acceder á plataforma fai clic NESTA LIGAZÓN; para explorares directamente, preme na imaxe superior.
mércores, 30 de abril de 2025
Galicia Nomeada
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario