mércores, 2 de abril de 2025

Os marcapáxinas de Isaac - Recursos

Como xa comentamos en anteriores entradas desta bitácora, Isaac Díaz Pardo é o artista a quen se dedica en 2025 o Día das Artes Galegas, celebrado onte.
Para colaborar nesta celebración o EDLG do noso Centro convoca un concurso no que o alumnado (do noso Centro) que queira participar presentará o deseño para o anverso do marcapáxinas sobre Isaac Díaz Pardo (ou a súa obra).
Ao tratarse dun marcapáxinas, o formato será 1:3; é decir: se ten 10 cm de ancho terá 30 cm de alto (en realidade, se cortas un folio pola metade "en vertical" xa che queda con 105mm de ancho e 297mm de alto, polo que se adapta bastante ben á proporción requerida). 
O detalle das bases telo NA ENTRADA DE ONTE DA BITÁCORA.

Para facilitarche o traballo, queremos achegar algunha información sobre o polímata compostelán:    
- Páxina web chea de información e fotografías sobre a súa vida e obra.
- Apartado dedicado a Díaz Pardo no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Vídeo '5 cousas que deberías saber sobre Isaac Díaz Pardo'. Duración: 1:43
- Vídeo 'Lembranzas e reflexións' con Isaac Díaz Pardo. Duración 5:18
- Videoinstalación 'As miradas de Isaac", de Cecilia Díaz Betz e Jordi Cussó. Duración: 26:42
- Resultados da procura en YouTube sobre Isaac Díaz Pardo.
- Breve reseña sobre Isaac Díaz Pardo do Museo de Belas Artes da Coruña.
- Bibliografía sobre Isaac Díaz Pardo.
- Algunhas imaxes de Isaac Díaz Pardo ou de obras del:

Ningún comentario:

Publicar un comentario