xoves, 10 de abril de 2025

Como escorrentar un lobo...

Para que vexas que esta bitácora non trata só de salvar a lingua, senón tamén a vida, hoxe imos falarche do que debes facer se encontras un lobo cando andas polo monte. Máis ou menos...
O pasado venres recibimos a visita de Antonio Manuel Fraga Allegue, autor do libro 'Como escorrentar un lobo', que conta con ilustracións de María Brenn.

Este é un dos libros que lemos no club de lectura de 5º e 6º de Primaira e foi editado por Cuarto de inverno, o impresionante proxecto editorial emprendido por Andrea Jamardo Seijo, antiga alumna do noso Centro.
Antonio xa nos visitara con anterioridade pero non coincidira cos alumnos cos que estivo departindo durante unha hora nesta ocasión.
Se queres coñecer máis pormenores da historia, podes seguir ESTA LIGAZÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario