luns, 7 de abril de 2025

Previndo o acoso en galego

A pasada semana o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º cursos de Primaria asistiu a unha charla expositiva e participativa arredor da Prevención do Acoso Escolar organizada polo Equipo de Orientación do noso Centro.
Carla, psicóloga da Fundación Amigos de Galicia de Vilagarcía de Arousa, conduciunos ao longo das tres actividades.

A primeira dinámica (probablemente a que máis nos pode facer pensar como se senten as persoas acosadas) consistiu en identificar a persoa acosada cun papel. A partir dese punto, insultámolo, dicímoslle cousas desagradables, chamámoslle nomes... todo co obxectivo de ferir a persoa que o papel representa, mentres o enrugamos ata facer con el unha bóla. Despois, como para desfacer o mal que lle fixemos, adícamoslle bonitas palabras, alisámolo con moito cariño... pero comprobamos que o papel nunca recupera a forma inicial, do mesmo xeito que o ánimo da persoa acosada nunca sana completamente do dano que lle fan, sempre lle queda algunha enruga.

A segunda dinámica consistiu en escribir sobre nós mesm@s, que nos gusta de nós, e facer un debuxo sobre nós.

Na terceira, reflexionamos sobre cal foi a nosa vivencia do acoso, en relación a se presenciamos ou realizamos acoso a outras persoas e como vivimos esa experiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario