O 'Informe sobre hábitos lectores e compra de libros en
Galicia durante 2024' -elaborado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude- rexistra un aumento no número de persoas que len libros, sobre todo por lecer, e indica que tamén son máis as persoas que os mercan.
O documento recolle que o 96,7 % dos galegos e galegas
maiores de 14 anos le en calquera formato ou soporte, xa sexa impreso ou
dixital, polo menos unha vez ao trimestre.
En realidade este dato pouco aclara, porque ler -como mirar- é
automatismo da persoa alfabetizada.
O informe, avaliado hai poucos días polo Consello da Xunta, é o resultado de
1.200 entrevistas realizadas en 2024.
Destas 1.200 consultas, 1.100 foron a persoas maiores de 14 anos e as 100
restantes fixéronse a menores con idades entre os 10 e os 13 anos.
De acordo co documento, o 63 % dos galegos e galegas asegura ler habitual ou
ocasionalmente libros na nosa lingua.
Segundo o Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros de 2024, do que xa
vos falamos NESTA ENTRADA da nosa bitácora, esa porcentaxe era o 60’8%, así que en torno ao 61’9%
andará a cousa...
Porén, a interpretación que daquela se fixo dos datos que
contiña foi moi negativa.
Se queres coñecer máis en profundidade o Informe da Xunta,
podes consultar ESTA NOTICIA de culturagalega.
Un dato relativamente esperanzador é que case o 90% das
persoas entrevistadas con idades entre os 10 e os 13 anos aseguraron ler
habitualmente, como podemos comprobar NESTA NOTICIA da web da Xunta.
martes, 22 de abril de 2025
Cada un fala da feira...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario