Pasados cinco lustros, a festa da lingua percorrerá 11 cidades
galegas con música, carreiras e outras actividades coa finalidade de seguir
combinando reivindicación e lecer e de aglutinar a milleiros de estudantes arredor
da normalización da lingua galega.
Esta 25ª edición vén marcada pola emerxencia lingüística que
sofre a nosa lingua, como XA VOS CONTAMOS HAI ALGUNHAS SEMANAS.
As carreiras e festas do Correlingua máis próximas a nós
desenvolveranse os seguintes días de maio nas poboacións indicadas: xoves 8 en
Compostela, mércores 21 na Estrada e xoves 29 en Pontevedra.
Se estás interesad@ en consultar o dossier do Correlingua
podes facelo NESTA LIGAZÓN.
Se queres completar a información podes ler a noticia completa NA WEB DA CIG-ENSINO.
Para acceder á web da iniciativa fai clic na seguinte imaxe:
venres, 25 de abril de 2025
Correlingua 25 anos despois
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario