A mocidade galega foxe da lingua propia, mentres que a catalá e a vasca revitalizan as súas.
Esta é unha das conclusións principais do último informe do
Consello da Cultura Galega ‘Competencias e usos das linguas cooficiais en
España. O galego en perspectiva comparada’, que podes descargar NESTA LIGAZÓN.
Neste informe
constátase que Galicia é a única comunidade na que as persoas mozas
presentan "niveis de competencia máis baixos" e reflicte tamén unha
"singular tendencia á baixa" no seu uso por parte dos segmentos
poboacionais de menor idade.
@s moz@s galeg@s empregan
menos a lingua galega que @s adult@s, unha situación que é especialmente alarmante
entre @s estudantes de Secundaria e aínda máis cando se atopan en contextos
informais. En Cataluña e no País Vasco ese é precisamente o segmento de
poboación que máis usa as súas linguas; porén, en Galicia é o tramo onde son
«os menos proclives» a apostar polo idioma.
O informe apunta
eivas no modelo educativo e na transmisión interxeracional, pero tamén alerta
de factores como a perda de prestixio da lingua.
"A singular tendencia
á baixa entre as xeracións máis novas, así como a aparente menor
efectividade das políticas educativas en comparación con outras comunidades,
subliñan a urxencia de intervir no ámbito escolar e na transmisión
interxeracional", conclúe o estudo realizado polo Observatorio dá Cultura Galega
(OCG) e publicado na web do CCG.
Se queres ampliar
información, podes consultar:
- a noticia que publicou a este respecto o Diario de Pontevedra
- a noticia de El Correo Gallego
luns, 20 de xaneiro de 2025
A mocidade e a lingua galega, en conflito
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario