Co propósito de celebrar o Día da Paz o Equipo de Convivencia e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizaron para a mañá de hoxe unha xornada ben cargada de eventos.
En primeiro lugar, o alumnado de 6º de E.P. asistiu a un obradoiro de ecopercusión.
Durante o seu primeiro recreo, o alumnado de E.S.O. gozou dunha chocolatada para logo ser relevado polos seus compañeiros e polas súas compañeiras de E.I. e E.P.
Velaquí vos deixamos algúns debuxos presentados para serviren como cartel para anunciar a chocolatada:
E aquí tedes o gañador, elaborado por Lucía, de 4º de E.P.:
O alumnado de Primaria tamén preparou un mural en base a grupos de minúsculas persoas figurando pombas e símbolos da paz:
Mentres o alumnado de Primaria desfrutaba do chocolate con churros, na Biblioteca do noso Centro, era o de 2º de E.S.O. o que asistía ao obradoiro de ecopercusión.
Para rematar a xornada, celebrouse cadanseu Acto de lectura do Manifesto a prol da Paz, coas actuacións dos grupos que asistiron aos obradoiros de ecopercusión: en primeiro lugar celebrouse o correspondente a E.I. e E.P.
Máis tarde, para pechar a mañá, o de E.S.O.
Unha xornada -e unha data-, un ano máis, para non esquecer nunca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario