Xa está en marcha o programa de voluntariado lingüístico 'Queres
falar?' destinado a promover o uso do galego entre a mocidade a través de
conversas entre galegofalantes habituais e persoas que queiran mellorar a súas
habilidades no idioma ou incoporalo de novo á súa fala.
Esta iniciativa forma parte do plan de medidas elaborado ao
abeiro do Pacto pola Lingua que a Xunta está a desenvolver coa implicación de
distintas institucións para incentivar a presenza social do galego.
Unha vez que estea aberto o prazo poderás formalizar a túa
inscrición como voluntari@ NESTA LIGAZÓN.
Na web do Consello da Cultura Galega fálannos tamén desta
iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario