martes, 14 de xaneiro de 2025

Espazo Proxector

Hoxe achegámoste o Espazo Proxector, que é unha web dedicada a compilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais para serviren de apoio á docencia en lingua galega de diversas materias.       

Nel recóllense vídeos sen audio ou con audio ou subtítulos en lingua galega ou portuguesa.         

Orixinalmente o proxecto foi deseñado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. 

Se queres coñecelo máis en profundidade sigue esta ligazón:   

https://consellodacultura.gal/especiais/proxector/acerca-de.php

A través das súas lapelas podes facer a procura das temáticas ou niveis (Ensino), por exemplo, dos recursos que che sexan de maior utilidade.

Tamén podes acceder desde a seguinte imaxe ao filtro avanzado:

Ningún comentario:

Publicar un comentario