O CSIC publica un ano máis o Calendario científico escolar 2025, unha iniciativa didáctica pensada para achegar a cultura científica á xente nova e crear referentes inspiradores, que nesta sexta edición fai un esforzo por dar visibilidade á ciencia africana, unha eiva detectada nas anteriores entregas.
Tanto o calendario coma os recursos didácticos que o completan están dispoñibles en once linguas (entre as que se encontra a galega), ademais de en braille.
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboraron co CSIC na preparación da edición en galego.
Todos estes materiais están dispoñibles para a súa descarga de balde na páxina web do proxecto NESTA LIGAZÓN ou facendo clic na imaxe superior.
Como podemos ver na imaxe, ademais do calendario, o CSIC ofrécenos outros materiais (actividades para as sesións lectivas, xogo da oca, etc) que podemos utilizar de xeito gratuíto, tamén en lingua galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario