Escola en Camiño é o proxecto educativo que Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Opinión de A Coruña (en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional) levan a cabo para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño de Santiago.
Nesta edición, o concurso constará de 3 categorías
diferentes: debuxo, literatura e audiovisual.
En cada unha delas poderá participar o alumnado galego de Primaria e Secundaria consonte os grupos establecidos en cada unha das
categorías.
Para participar en calquera das categorías do concurso o centro educativo deberá inscribirse enviando un mail a escolaencamino@prensaiberica.es co formulario de inscrición debidamente cuberto e asinado. Se queres realizar a inscrición, tamén podes facelo a través DESTE FORMULARIO.
Cada centro presentará a concurso tantos traballos relacionados co Camiño de Santiago e o Xacobeo como desexe e nos formatos desexados.
Os traballos poderán enviarse ata o 16 de febreiro de 2025 e deberán axustarse ás limitacións específicas establecidas para cada categoría.
Cada traballo que se envíe deberá entregarse co nome do centro escolar, d@ titor/a ou docente responsable e do curso ao que pertence o alumnado que o realiza.
As bases completas do concurso están dispoñibles NESTA LIGAZÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario