Como podes ler na imaxe, o alumnado de 1º da ESO do IES As Telleiras de Narón desenvolveu «Coida a túa lingua», un xogo de cartas en lingua galega sobre léxico sanitario.
O seu obxectivo é promover o uso do galego entre a cativada e incrementar a súa presenza no ámbito médico.
A iniciativa -que forma parte do proxecto de dinamización lingüística 'Xera'- busca fomentar a creatividade e a implicación da mocidade de Narón para normalizar a lingua galega en diversos sectores.
O persoal de Pediatría dos centros de saúde de Narón recibiu exemplares do xogo para distribuílos entre as familias.
Se queres ter o teu, podes descargalo NESTA LIGAZÓN ou facendo clic na imaxe, en DESCARGAR.
Se queres coñecer máis en detalle esta iniciativa, podes acceder a través DESTA LIGAZÓN á web do Concello de Narón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario