mércores, 15 de xaneiro de 2025

Bluesky, en galego, pero o seu uso nas TIC non dá despegado

É posible que non coñezas que Bluesky é unha plataforma de microblogging alternativa a outras máis coñecidas como Threads ou, sobre todo, Twitter (rebautizado como X por Elon Musk, o xastre da nova administración Trump).
Desde hai uns días xa está dispoñible a versión en galego de Bluesky (como antes xa estivera a de Facebook, por exemplo).
Pode parecer unha parvada, pero a presenza da nosa lingua no eido das novas tecnoloxías é un dos piares que pode garantir a súa continuidade, polo que é un motivo para estar ben contentos.
Temos a ferramenta en galego... agora escribamos nós en galego tamén!!!

Porque non o usamos tanto como deberiamos.
De feito, vén de publicarse o estudo realizado polo Observatorio da Sociedade de Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) -adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia- a partir dos resultados da Enquisa da Sociedade da Información nos Fogares Galegos 2023.
Os obxectivos da enquisa eran:
- c
oñecer o nivel de uso da lingua galega nas TIC por parte da poboación galega de 5 e máis anos, incluíndo as principais actividades mediante dispositivos dixitais e en liña,
- analizar o uso do galego nas TIC en función das características sociodemográficas dos individuos e
- avaliar a oferta de recursos galegos nas TIC. 
Se queres acceder aos resultados deste estudo (que, como che digo, non son moi esperanzadores), fai clic na imaxe que está enriba destas liñas ou NESTA LIGAZÓN
Se queres estudar o informe completo, telo AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario