Como nos conta esta noticia de La Voz de Galicia, a Real Academia
Galega pon ao noso dispor unha nova ferramenta en liña que unifica denominacións
de máis de 600 especies diferentes de aves.
Desde a web da RAG tes acceso á noticia na que nolo conta a propia Academia.
Esta nova ferramenta permítenos coñecer o nome galego se introducimos
o nome científico ou viceversa.
Ademais amósanos as especies que forman parte dunha familia se nós escribimos o
nome... ou nin sequera! Porque con introducir as primeiras letras, a ferramenta
xa nos suxire as distintas posibilidades, xa sexa de nomes comúns, científicos
ou familias.
No caso da maior parte das especies, ademais, ofrécenos unha imaxe para
recoñecermos cal é.
E todo isto de balde!!!
Abofé que é unha boa maneira de aprender ornitoloxía.
Se queres acceder a esta ferramenta fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior.
A ver cantas recoñeces... eu xa levo seis!!!
luns, 13 de xaneiro de 2025
Máis de 600 especies de aves... en galego
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario