mércores, 8 de xaneiro de 2025

Teatro para rachar estereotipos

Hai xa unhas semanas (foi o ano pasado, en realidade) o alumnado de Educación Infantil acudiu á Biblioteca do Centro para asistir a unha intervención teatral do grupo Koremi.
Nesta actividade, promovida polo Concello de Pontecesures, representaron varios números nos que os actores e as actrices simularon desenvolver diversos oficios.
O propósito, ademais de pasalo moi moi ben, era rachar os estereotipos que aínda hoxe existen arredor de determinadas profesións.
Seguro que @s nos@s compañeir@s máis nov@s, no futuro, desenvolverán os traballos que queiran, e non aqueles que a tradición asocia a homes ou mulleres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario