mércores, 29 de xaneiro de 2025

Certame poético Rosalía de Castro, XI edición

Se no noso centro temos en marcha a convocatoria da segunda edición do Concurso de Creación Plástica 'Imaxina Rosalía' (esperamos recibir a túa proposta), o Concello de Padrón e a Casa de Rosalía convocan a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro, que ten como obxectivos fomentar a poesía en galego e homenaxear a nosa máis louvada poeta.
Para participares debes presentar unha obra non publicada nin premiada noutros certames, escrita en lingua galega e que conte cunha extensión mínima de 400 versos.
O prazo de presentación de orixinais remata o 17 de marzo de 2025 e a obra gañadora recibirá un premio de 1500 euros, ademais de ser publicada.
Se queres coñecer máis detalles da convocatoria (se tes intención de participar deberías coñecelos) podes consultalos a través DESTA LIGAZÓN Á WEB DO CONCELLO DE PADRÓN ou tamén facendo clic na imaxe superior.
As bases do Certame telas á túa disposición AQUÍ.
A canto pagan a palabra? Iso xa é cousa túa...  

Ningún comentario:

Publicar un comentario