luns, 5 de maio de 2025

Cantareiras na web e no MPG

Desde o día 11 de abril e ata o 28 de setembro pódese visitar no Museo do Pobo Galego de Santiago a exposición "Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión".
A través DESTA LIGAZÓN podes acceder, xa dentro da web do Museo, á información fundamental sobre ela.
Aquí mesmo podes consultar a FOLLA DE SALA da Exposición.
NESTA NOTICIA do Portal da Lingua Galega tes tamén información sobre a mesma.

Se cadra lembras que a semana pasada contamos NESTA ENTRADA que no CGAC aínda podemos visitar (ata o próximo día 25) a exposición de Mar Caldas 'Mulleres, traballo e memoria', polo que temos dobre motivo para ACHEGARNOS A BONAVAL e facer un pouco de cultura de salón.

Pero se non nos queremos mover do salón da casa, ou estamos cos colegas e temos o día cantareiro, Feiraco pon ao noso dispor NA SÚA WEB a 'academia online', na que podemos sacar a cantareira que tod@s levamos dentro grazas ás súas ensinanzas.
Usando as súas palabras, "Aprende folclore gratis na nosa academia con Xacarandaina"; cómpre engadir algunha cousa?
Se a resposta é que si, aquí vos deixamos a LIGAZÓN AO PORTAL DA LINGUA GALEGA coa noticia sobre este recurso e outra máis directa á WEB DE XACARANDAINA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario