A RAG incorporou á súa web de Primavera das Letras
(pensando especificamente no público infantil) o contido As
Ferreñas (en vivo e en directo), relacionado coas cantareiras, que podedes descargar en PDF NESTA LIGAZÓN ou facendo clic na imaxe superior.
Este texto, escrito por Paula Carballeira e ilustrado por Nuria Díaz, é unha
divertida obra teatral acaída para ler de maneira individual ou compartida pero
tamén para representala dentro ou fóra das aulas.
NESTA LIGAZÓN dispoñedes tamén de fichas para colorear e deseños das chapas e
marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora. Tamén podedes acceder a elas facendo clic na seguinte imaxe:
luns, 12 de maio de 2025
As Ferreñas (en vivo e en directo)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario