Como sabemos, mañá sábado é o Día das Letras Galegas, neste
ano dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral.
Xa demos conta en moitas entradas desta bitácora de recursos e materiais a este
respeito, e máis virán.
Lembrarás que co gallo do Día das Artes Galegas, celebrado o pasado 1 de abril na honra de Isaac
Díaz Pardo, convocamos un concurso de marcapáxinas.
Hoxe temos por fin eses marcapáxinas nas nosas mans e que mellor día que hoxe
para repartilos!
Agora que podemos usalos, cada vez que retomemos as nosas lecturas lembraremos
a figura do polímata compostelán e deleitarémonos coa composición plástica de Enma
Gerpe Fernández, que é a alumna autora da imaxe que figura no seu anverso despois de gañar o concurso.
Parabéns, Enma!
Ollo, que iso non é todo!!! O próximo xoves teremos no centro un festival para celebrar as nosas Letras. Nese festival haberá un oco para que entreguemos os diplomas que temos pendentes.
Pero se non podes esperar, se o corpo che pide música, mañá tés a oportunidade de satisfacer esa fame, como podes ver na imaxe. Hai que achegarse a Santiago, iso si... peregrin@s dos cantos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario