mércores, 14 de maio de 2025

Ecos que aínda resoan...

... do Día do Libro.
Por unha parte, co Día do Libro volveron os padriños lectores.
No patio de Infantil, e aproveitando o marabilloso sol de abril, os padriños de Primaria compartiron lecturas coas súas compañeiras e cos seus compañeiros máis pequen@s.

Polo seu lado, o alumnado do Club de Lectura de 5º descubriu o feitizo do Quixote.
Tanto ler, tanto ler... esperemos que non lles pase o mesmo que a Don Alonso Quijano e fique todo nun susto...

Ningún comentario:

Publicar un comentario