Falabamos hai uns días que o galego sempre encaixa.
Aló viamos unha palabras formando un crebacabezas pero, se cadra, alguén podía pensar: "E estas palabras... que significan?"
Pois para resolver esa dúbida o alumnado de Primaria elaborou tamén esta fermosa flor, que nos serve ademais para lembrar que a nosa lingua -como todas as cousas e persoas que aprezamos- require coidados. Por iso o seu lema é "Coida o galego como unha flor".
Do mesmo xeito que O Pequeno Príncipe de Saint-Exupéry sabía que "a miña rosa é importante polo tempo que adiquei a coidala", nós temos que pensar que para conservar a nosa lingua -máis fermosa cá máis fermosa das flores- debemos tamén coidala.
E xa que unha parte moi importante para coidar algo é coñecelo ben, por ese motivo a flor proporciónanos o significado daquelas palabras que compuñan o crebacabezas.
martes, 27 de maio de 2025
Coida o galego coma unha flor
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario