mércores, 7 de maio de 2025

Exposición polo Día das Letras (Infantil e Primaria)

Xa está colocada no corredor da planta baixa do edificio de Primaria e Secundaria a exposición cos cartaces remitidos pola Secretaría Xeral da Lingua arredor das cantareiras e da poesía popular oral galega.
Estes carteis foron elaborados polo CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, de Cerceda.
Como podes deducir da imaxe, está na esquina do corredor máis próxima á entrada oeste.
As fotografías que seguen non son de grande calidade, malia serviren para facerse unha idea do contido, así que achégate á exposición e óllaos en persoa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario