xoves, 29 de maio de 2025

De Málaga a...

Xa queda moi pouco para xuño –case case nada- e boa parte do alumnado de 4º de E.S.O., acompañado polos profesores David e Miguel, decidiu achegarse a Málaga para ver se chegaba antes.
Como dicía aquela canción “y se fue mirando al sur buscando el verano...

Nas imaxes podemos velos no bus que os levou do aeroporto de Málaga a Torremolinos, a súa base de operacións, e nas súas visitas ao estadio de La Rosaleda e a Selwo (según a súa web "o parque de animais máis grande de Andalucía").
Tamén gozaron na piscina e de numerosas paradas para a hidratación –utilizando un símil deportivo- que, abofé, deron pé a cantidade de anécdotas que nos contarán á súa volta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario