Mes de maio
que termina,
mes das flores
que arrecenden,
mes para esquecer,
mes de sementar
poesías no Camiño.
Do mesmo xeito có ano pasado, @s peregrin@s que repousan no noso veciño Albergue xa poden encher as súas horas de descanso escoitando poemas en lingua galega. Cales? Os presentados á edición deste ano do 'Fai viral a poesía!!!'.
Para iso deixámoslles un cartaz no vestíbulo con acceso aos poemas de Alma, Ana, Yago, Cayetana e Carmen a través de cadanseu código QR.
Ademais, facilitámoslles o acceso a esta bitácora para -tamén mediante o seu código QR- poderen consultar todos os recursos que día a día achegamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario