martes, 20 de maio de 2025

Premio Nortear de relato curto, 11ª edición

Está aínda aberto o prazo para participar na 11ª edición do premio de relato curto Nortear que recoñece obras en galego ou portugués.
Este premio está impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte I.P.
A contía do premio non é pouca cousa, nada menos que 3.000 euros.
Poden presentar as súas obras persoas de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal, que teñan unha escrita orixinal e inédita de 5.000 a 8.000 palabras de extensión.
Ademais de recibir a dotación económica, a persoa gañadora tamén verá o seu traballo publicado fisicamente nas linguas galega e portuguesa.
O prazo para presentar orixinais a concurso permanecerá aberto ata o 30 de xuño A TRAVÉS DA WEB DA PLATAFORMA NORTEAR.
Se queres coñecer máis pormenores da convocatoria, podes consultar ESTA NOTA do Portal da Lingua Galega ou estoutra da WEB DA XUNTA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario