luns, 19 de maio de 2025

Sementando poesías no camiño: o cartel

Como podes ver sobre estas liñas xa temos preparado o cartel de Sementando poesías no Camiño para este ano.
En galego, español, portugués, francés e inglés convidamos a@s peregrin@s a desfrutar dos traballos d@s nos@s poetas nos seus últimos pasos polo Camiño Portugués, faltaría máis!
Tamén engadimos a ligazón á nosa bitácora por se @s peregrin@s están interesad@s en coñecer máis polo miúdo as actividades en prol da lingua e da cultura galegas que se desenvolven no noso Centro.
E, á vista está, engadimos a contorna do noso Centro (en concreto o Mirador do Pino Manso) ao tema do noso cartel. 
Moi pronto estará no Albergue para difundir a nosa mensaxe poética...

Ningún comentario:

Publicar un comentario